Mapa co track do roteiro PR-G-143

 

Mapa-roteiro.jpg

 

Perfil do tramo Escudeiros-O Val

Perfil.jpg

No seguinte enlace podes ampliar o mapa e ollalo en distintos formatos. Tamen podes deixar os teus comentarios.

http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=7479110

 

Rutómetro

No arquivo tes acceso o rutómetro deste fermoso camiño.

Descripión do roteiro (Ruta do canal ou ruta do río Arnoia)

O roteiro que se propón nesta web é o circular Escudeiros-Escudeiros, ten aproximadamente 14 Km, dificultade media, e pódese facer en 4 horas. Está formado polo roteiro homologado, PRG-143, que remata no Val (11 Km) e polo tramo O Val- Escudeiros, de 3 Km, recentemente sinalizado por veciños da Asociación Santa Barbara de Escudeiros.

Tramo Escudeiros presa do Peña ou Cachon 2,3 km.

O punto de partida constitúeo o conxunto arquitectónico formado pola Iirexa, cruceiro e peto das ánimas, no centro de escudeiros. Saese cara ao leste pola verea real. Ao pasar A Tapadiña, e despois da última casa, encóntrase á esquerda o primero sinal do roteiro. O camiño transcorre pola Veiga e O Toural, onde hai unha vizosa vexetación autóctona, antes viñas e terra de labradío. Séguese baixanto ata que se ve o canón do río Arnoia. Despois dunha forte pendente que atravesa unha fraga aparece a corga de Filgueiró, que xa desemboca alí no río. Deixase á esquerda o muíño da Señora Adriana e xa se accede a presa.

Tramo do canal 1,8 Km.

A presa regula a entrada de auga ao canal, que foi construído a mediados do século XX. O canal é un conducto hidráulico creado con fins industriais para recoller auga do rio, ganar altura e producir enerxía eléctrica. Neste tramo pódese gozar do río, que avanza cara ao Miño cunha sucesión de remansos e pequenas fervenzas, e pódese recrear un coa natureza, na que se atopa unha gran variedade de pequenas plantas, flores e arboredo autóctono, como abruñeiras, freixos, sobreiras, amieiros, castiñeiros, carballos, bidueiros... No remate da canle están as ruínas da antiga minicentral, lugar tamén coñecido como A Bomba.

A produción eléctrica utilizouse inicialmente para abastecer algunhas aldeas e, ao final, para bombear auga ata as minas co gallo de lavar o estaño.

 

Tramo do Seoane 1,5 Km.

Dende o final da canle comeza un pronunciado ascenso ata o coto do Seoane (A 200 m. da fin do canal encóntrase un sinal e un desvío que pode levar outra vez a Escudeiros para quen non queiran facer a ruta completa). É aconselláble seguir a ruta ata o coto, que forma un meandro dende o que se contemplan unhas impresionantes vistas dos canons e mais do lugar de Sande. O coto do Seoane configura unha proteción natural na cal, probablemente, se asentase un poboado castrexo, do que ainda se poderían ver algunhas construcións. Temos que volver descender ata o río ziguezagueando polo bosque por unha forte pendente.

Tramo da Chancela 1 Km.

Outra vez no río, pódese gozar dun tramo que vai ofrecer unha sensación de paz e serenidade da que se pode beneficiar ao sentar un pouco na súa beira.

Deseguida chégamos ao muíño da Chancela, na marxe dereita do río, un dos poucos de Galiza que conta con catro moas, que moían xofre ou cereais. Non é doado de ver dende o camiño.

A Carón do muíño había unha ponte. Esta fai que coincida a nosa andaina coa ruta do Sr. Afranio (que cruza todo o sur de Galiza, dende o Baixo Miño deica Portugal), alcume adoptado, en 1936, polo deputado do Partido Galeguista Antón Alonso Ríos para fuxir dos fascistas disfrazado de esmoleiro.

Tramo Chancela O Viso 1,5 Km.

Dende A Chancela comezamos a subida ata a aldea do Viso. Neste caso preséntanse dúas opcións, unha delas é seguir pola pista de terra sobre a que está sinalizado o roteiro. Outra é ascender polo antigo camiño da costa, máis empinado pero máis fermoso (a entrada ao camiño está fronte a primeira sinal que atopamos neste tramo). Xa no Viso, merece a pena facer unha paradiña na súa fonte e beber da sua auga fresca.

Tramo: O Viso- O Val 2,5 Km.

A carón da fonte sae o camiño dos defuntos (chamado así por que era o utilizado para levar os mortos ao cemiterio), polo cal ascenderemos ata o inacabado santuario da Nosa Señora do Val. Ao sur do santuario pódese ver un potente túmulo funerario, vestixio da cultura neolítica que se desenvolveu entre o V e o II milenio antes da nosa era.

Tramo: O Val- Escudeiros 3,2 Km.

Esta é a parte do roteiro sen homologar. Está sinalizado en branco e azul. Iníciase volvendo unhos 200 mts polo PRG-143; de aí sobese ato un cruzamento de pistas: Á esquerda pódese ver un cruceiro rústico  e á dereita o val do río Deva. Por unha baixada suave, que agradecen as pernas, séguese ata as chairas de Poulo, para, deseguida, chegar ao punto de partida, baixando polo medio da parroquia.

Información de contacto

Contacta con nòs: dános as tuas suxestións, escribe  un texto curto para o blog, manda unha foto...
Por motivos prácticos por agora só por correo electrónico.                                         

 

Copyright: José A. Rodríguez
Co tempo estaremos noutras redes sociais e daremos máis opcións.
Aviso legal

Formulario de contacto

Se queres alguha información adicional utiliza este formulario. Todos os campos son requiridos

Localización

Como Chegar

Escudeiros

Por estrada OU-531

Desvío en Cerdal. Km 44 (aprox.)

2014 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos